Eventos

Feira de Editoras no Festival Literario de Allariz

A Praza do Matadoiro acollerá os días 5 e 6 de xullo a Feira de Editoras, un dos pratos fortes do IV Festival Literario de Allariz (FLAZ), cun horario ininterrompido de 11:00 a 21:00 horas.

O evento reunirá proxectos editoriais independentes de Galicia que presentarán as súas obras, iniciativas e reflexionar sobre o panorama actual da edición.

Feira de Editoras no Festival Literario de Allariz

Feira de Editoras no Festival Literario de Allariz
Feira de Editoras

Durante a xornada do sábado desenvolverase unha intensa programación de actividades:

  • Ás 11:00 horas abrirase cunha charla didáctica de Antela Editorial sobre as posibilidades de publicación dunha obra escrita.
  • Ás 12:00 terá lugar a sinatura de exemplares de Penélope tece, coa participación de María Besteiros (posto de Aira).
  • Ás 13:00, Marta Elías presentará o seu libro El tridente de Shiva (Los Libros del Salvaje) e Antela Editorial ofrecerá sinaturas de O xigante de Allariz, con Xabier Domínguez.
  • Ás 16:00 celebrarase un coloquio sobre a colaboración entre pequenas editoras.
  • A partir das 17:00, distintas editoriais irán presentando os seus proxectos: Los Libros del Salvaje, Antela, Aira, Irmás Cartoné e Boadicea.
  • Ás 19:00, pecharase a xornada cunha mesa redonda sobre a edición en Galicia, coa participación das cinco editoras presentes.
Feira de Editoras no Festival Literario de Allariz

O encontro busca fortalecer a rede de editoras independentes, promover a bibliodiversidade e ofrecer ao público un espazo para descubrir novas voces e títulos do panorama literario galego.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.