O arqueólogo e historiador Felipe Senén López Gómez recibirá o Premio Ernesto Atanasio “O Corcheiro” 2025, que concede a Agrupación Cultural Avantar.
O acto de entrega celebrarase o 25 de outubro ás 19.30 horas no salón de actos do Casino do Carballiño, situado na rúa Tomás María Mosquera, 6.
Felipe Senén recibe o Premio Ernesto Atanasio “O Corcheiro” 2025 no Carballiño
Senén, fundador da propia A.C. Avantar, é unha figura destacada da cultura galega. Ao longo da súa traxectoria destacou como arqueólogo, historiador, ilustrador, cartelista e pintor, ademais de autor de numerosos libros, artigos, guías e folletos que contribúen á divulgación do patrimonio cultural galego.

O evento contará coa actuación musical do grupo “Catro nun zoco”, integrado por Mini Rivas —coñecido pola súa participación en Fuxan os Ventos e A Quenlla—, Iria Rivas, Navia Rivas e a violinista Marina Quintillán, que poñerán o broche musical a unha velada de recoñecemento e cultura.