Fernando Fernández Yáñez será o candidato do Partido Socialista na Veiga nas eleccións municipais do próximo 28 de maio de 2023.
Candidato nas eleccións de 2019, Fernández Yáñez repite en 2023 como cabeza de lista. A súa candidatura chega coa intención de «coidar desta contorna e da nosa xente, tendo servizos de proximidade, boa sanidade e educación».
Fernando Fernández Yáñez será o candidato socialista na Veiga
«É certo que nesta última etapa na Veiga realizáronse importantes investimentos por parte de todas as administracións, pero eses investimentos, dende o meu punto de vista, non foron axeitados porque acabaron en obras megalómanas», destaca o candidato do PSdeG-PSOE.
Nesa liña subliña que «hai concelleiros que pensan coma min porque con estas políticas estáselle deixando as futuras xeracións unha herdanza que non van poder manter».