Eventos

Festa da Anguía en Castrelo de Miño

Xa está aquí a XXVII Festa da Anguía de Barral, Castrelo de Miño, que se celebrará durante os días 4, 5 e 6 de agosto cun amplo programa de actividades.

O verán na provincia de Ourense destaca entre outras cousas polas festas gastronómicas que se celebran nos distintos concellos.

Festa da Anguía en Castrelo de Miño

No caso de Castrelo de Miño, a localidade de Barral chega en 2022 á 27ª edición dunha das festas gastronómicas máis antigas da provincia. A Festa da Anguía terá tres días de festexos onde este exquisito manxar será o protagonista indiscutible.

Festa da Anguía en Castrelo de Miño
Cartel da Festa da Anguía

Festas de Barral 2022

A maiores da festa gastronómica, Barral celebrará as súas festas na honra da Virxe das Neves. Desde este xoves e ata o sábado, 6 de agosto, a música será o condimento ideal para acompañar ás anguías. Tódolos días, a partir das 20h haberá Anguías.

Xoves, 4 de agosto

  • 20h – Inauguración da XXVII Festa da Anguía
  • 20h – Actuación da Asociación Musical Characulus
  • Verbena coa orquestra Cinema
  • Actuación de Euphoria Disco Show

Venres, 5 de agosto

  • Actuación da Agrupación Musical da Limia
  • Verbena coa orquestra Panamá Band
  • Actuación de Euphoria Disco Show

Sábado, 6 de agosto

  • Verbena co Grupo Master
Festa das Neves en Barral (Castrelo de Miño)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba