As Festas de Covadonga regresan este 2025 cunha programación chea de música, gastronomía e tradición que se desenvolverá entre o venres 12 e o domingo 14 de setembro.
O evento, organizado coa colaboración do Concello de Ourense, promete tres xornadas de diversión para todas as idades.
Programa completo das Festas de Covadonga 2025
A celebración comezará o venres 12 coa actuación da orquestra Metrópolis, a partir das 21:00 horas.
O sábado 13 a festa arrancará pola tarde con xogos e colchonetas gratuítas de 16:30 a 19:30 horas. Xa pola noite, ás 22:00 horas, terá lugar a tradicional cena churrascada, que incluirá criollo, chourizo, empanada, panceta, churrasco, pan, viño, gaseosa, auga e bica, cun prezo de 15 euros. Tras a cea, ás 23:00 horas, actuará o grupo Los Camachuelos, e a partir das 00:30 horas continuará a animación cunha disco móbil.
O domingo 14, día grande das festas, celebrarase ás 12:30 horas a misa solemne e procesión da Virxe, acompañada pola charanga Os Centellas. A xornada rematará cunha sesión vermú a partir das 13:30 horas.
