Eventos

Ourense celebra as Festas do Couto 2025 con música e drons

O Concello de Ourense vén de anunciar o programa das Festas do Couto 2025, que se celebrarán do 15 ao 19 de maio.

Esta cita contará cunha oferta diversa para todos os públicos.

Ourense celebra as Festas do Couto 2025 con música e drons

O cartel inclúe media ducia de actuacións musicais, un espectáculo de drons, as tradicionais barracas festivas e outras actividades que dinamizarán o popular barrio ourensán durante cinco días.

As festas arrancarán o xoves 15 de maio cun concerto da coñecida banda El Combo Dominicano, ás 23.00 horas.

Na segunda xornada, o venres 16, será a quenda de Cuarta Calle, tamén ás 23.00 horas.

Ourense celebra as Festas do Couto 2025 con música e drons

O sábado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, con tres propostas destacadas:

  • o concerto da histórica banda galega Luar na Lubre (20.00 a 21.30 h),
  • un espectáculo de drons que iluminará o ceo do Couto ás 23.30 h e,
  • a partir da medianoite, a orquestra Horizon the Show animará a verbena ata as 2.00 h.

O domingo 18, a orquestra Cinema actuará ás 20.00 h para poñer o broche musical á fin de semana.

Finalmente, o luns 19 de maio celebrarase o Día do neno. Nesta xornada especial, as atraccións das barracas festivas ofrecerán prezos reducidos á metade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.