Eventos

Festas da Follateira 2025: música e diversión en Ourense

O barrio da Follateira, en Ourense, acollerá as súas tradicionais festas do 9 ao 11 de maio cun completo programa festivo que combina música popular, animación infantil e verbena nocturna.

Charangas, orquestras, xogos infantís e gaitas animarán o barrio do 9 ao 11 de maio.

Festas da Follateira 2025: música e diversión en Ourense

O venres 9 de maio, a charanga BCB percorrerá as rúas a partir das 20:00 horas. A verbena comezará á medianoite co disco móbil Gramola, encargado de poñer ritmo á primeira noite de celebración.

O sábado 10 será unha xornada intensa, con pasarrúas dende as 10:30 h a cargo dun grupo de gaitas e da charanga Nova de Trives. Pola tarde, os máis pequenos poderán gozar dunha festa infantil con xogos e sorpresas a partir das 17:00 h. Ás 20:00 h, o grupo musical Xoldra poñerá música á festa, e a noite pecharase coa verbena da orquestra Funçao Publika a partir das 23:30 h.

O domingo 11, as gaitas volverán soar desde as 10:30 h co grupo Os Chimpafiogos, que compartirán mañá coa charanga El Tatto. O broche final das festas porao a orquestra La Travesía, cunha gran actuación desde as 20:00 h.

Festas da Follateira 2025: música e diversión en Ourense
Festas da Follateira 2025

As festas da Follateira contan coa colaboración do Concello de Ourense e o apoio de numerosos negocios locais, que contribúen a manter vivo este evento que une música, tradición e comunidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.