Eventos

Festas de Melias 2025 na honra a San Bartolomeu

A parroquia de Santa María de Melias, no concello do Pereiro de Aguiar, vivirá do 21 ao 25 de agosto as súas tradicionais festas en honra a San Bartolomeu.

Estas festas contan cun amplo programa de actividades que mestura gastronomía, música e actos relixiosos.

Festas de Melias 2025 na honra a San Bartolomeu

O arranque será o xoves 21 ás 21:00 horas coa Festa do Polbo á Feira, a cargo de “Fuchela”, e música do trío Vaivén. Na xornada do venres 22, a verbena correrá por conta da Discomóbil Show e da orquestra Magos.

O sábado 23, as rúas encheranse co pasarrúas da banda de gaitas Redegaita, seguido da misa solemne ás 12:00 horas e, pola tarde, os tradicionais partidos de solteiros contra casados e infantil. A noite estará animada de novo pola Discomóbil Show e unha orquestra.

O domingo 24, ademais do pasarrúas, haberá sesión vermú e exposición de Ford Mustang no campo da festa. Ás 13:00 celebrarase a misa e procesión en honra ao patrón, e ás 18:00, o partido de presentación da S.D. Melias & Vilariño C.F. A verbena nocturna contará co grupo M3Show e a Discomóbil Show.

O luns 25, último día, chegará a Festa do Porco Bravo a partir das 21:30 horas, poñendo o broche final a cinco xornadas de celebracións que a comisión de festas agarda que sexan “unhas felices festas” para todos os veciños e visitantes.

Festas de Melias 2025 na honra a San Bartolomeu

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.