As Festas das Neves de 2024 na localidade de Maceda contará con sete días de programación que comezará este venres, 2 de agosto.
O programa das Festas Patronais de Maceda teñen unha primeira parada este venres, 2 de agosto co concerto de Antonio Barros e Ialma.
Festas das Neves 2024 en Maceda
Despois desa primeira xornada, as festas retoman a súa actividade o xoves, 8 de agosto, para continuar ata o martes, 13 de agosto.
Durante toda a programación, a música será a principal protagonista dunhas festas nas que non faltarán as bandas de música. A Banda de Música e Cultura de Galicia, a Banda de Música Santádega e a Lira de Ribadavia figuran no programa das festas.
As Orquestras Horizon Show, Cuarta Calle e Funçao Públika actuarán nestas festas nas que tamén atopamos as actuacións da Mekanika Rolling Band, Discomovil Show, Duendeneta DJ ou A Gramola Tour Truck.
No cartel das festas de Maceda tamén atopamos actuacións de grupos locais. Os do Fuelle actuará o sábado, día 10 e a Coral Albricias e a Banda de Gaitas de Maceda actuarán o domingo, 11 de agosto. O día 12, será a Agrupación Cultural Os Chouteiros de Maceda a que actúe nestas festas.
As actuacións musicais tamén inclúen os concertos de Budiño e Roberto Sobrao, Mino e a Banda de Gaitas Os Xuncos.
Para completar a programación das festas tamén atopamos outras propostas como unha festa da escuma e inchables nas piscinas municipais, a tradicional Cea Popular que chega á súa 16ª edición e espectáculos de maxia.
O Mércores, 14 de agosto, Maceda acolle unha parada das XXXIX Xornadas do Folclore con representantes de México, Senegal e Panamá. O xoves, día 15, está programada unha sesión de cine coa proxección da película +Cuñados.