Eventos

Festas do Portal en Ribadavia

As Festas do Portal en Ribadavia son unha das festas máis agardadas polos veciños e veciñas do Ribeiro para pechar a intensa actividade que se celebra durante o verán.

En Ribadavia, o verán presenta todos os anos varias propostas que atraen a centenares de persoas como é a Mostra Internacional de Teatro ou a Festa da Istoria.

Festas do Portal en Ribadavia

Todas estas propostas contan cun amplo respaldo dos veciños e veciñas que participan activamente en todos estes eventos. Sen embargo, as Festas do Portal ocupan un espazo destacado na axenda da comarca do Ribeiro polo seu arraigo e a devoción á Virxe do Portal.

Programa das Festas de Ribadavia

No programa das Festas do Portal 2024 atopamos numerosas propostas musicais e actividades para todas as idades entre as que destacamos:

Venres, 6 de agosto

  • 18h – Tirada de fogos
  • 19h – Inauguración da Exposición «Escola Sinsal, historia da música gravada».
  • 22:30h – Verbena coa Orquestra Kubo

Sábado, 7 de agosto

  • 11h – VIII Xuntanza de Motos Clásicas
  • 12h – Desfile de Xigantes e Cabezudos
  • 13h – Actividades infantil «Obradoiro vaciapetos»
  • 19h Confección da Algombra Floral na honra da Virxe do Portal
  • 23h – Verbena co Grupo América de Vigo na Rúa Redondela

Domingo, 8 de setembro

  • 10:30h – Procesión da Nosa Señora Virxe do Portal
  • 12h – Misa Solemne na honra da Nosa Señora Virxe do Portal cantada polo Coro de Cámara Club Artístico
  • 18:30h – «O Xogueteiro» Cé Orquestra Pantasma
  • 19h – Tabaleiros da Istoria
  • 20h – XXI Festival de Bandas Banda a Lira de Ribadavia
  • 22h – Verbena co Grupo Assia na Rúa Redondela
  • 00:00 – Gran Tirada de Fogos de Artificio

Luns, 9 de setembro

  • 12h – Saída dos Xigantes e Cabezudos
  • 18:30h – Misa cantada polo corro Parroquial
  • 19:30h – La Duendeneta
  • 20:30h – Concerto da Banda de Música de Vilaboa

Botón volver arriba