Eventos

Ribadavia en festa: programa completo das Festas do Portal 2025

Ribadavia xa ten todo preparado para celebrar as Festas do Portal 2025, que se desenvolverán entre o venres 5 e o martes 9 de setembro.

O programa inclúe máis de trinta actividades pensadas para todos os públicos, combinando tradición, música, cultura e espectáculos que converterán a vila nun auténtico punto de encontro festivo.

Ribadavia en festa: programa completo das Festas do Portal 2025

As celebracións comezarán o venres 5 de setembro coa inauguración da exposición “Narrativas Futuras. As ruínas do rural” e coa apertura oficial das festas. O día pechará con dous pratos fortes: o concerto da mítica banda Burning e a sesión musical de Euphoria.

Ribadavia en festa: programa completo das Festas do Portal 2025

O sábado 6 será unha das xornadas máis intensas, con propostas dende a mañá ata a madrugada. Haberá a tradicional quedada de motos clásicas, o desfile de xigantes e cabezudos, o Mercado das Sementes, exhibicións musicais e artísticas, ademais do concerto da orquestra Royal Espectáculo e a sesión de madrugada con Rompecinturas Selektor.

O domingo 7 estará marcado pola tradición coa alfombra floral en honor á Virxe do Portal, ademais da música de Bandínos Band, Pakolas, Os Coribantes e a verbena con Ritmo Joven.

O luns 8, día grande das festas, celebrarase a procesión e a misa solemne en honra á Virxe do Portal, acompañada pola Banda A Lira de Ribadavia. Pola noite, actuarán Gin Toni’s e haberá unha gran tirada de fogos de artificio a cargo de Pirotecnia Josman.

O martes 9 pecharán os festexos cunha misa cantada polo Coro Parroquial e a música da Banda de Gaitas Brigal Galicia VII, ademais do último desfile de xigantes e cabezudos.

Programa Festas do Portal 2025 – Ribadavia

Venres 5 de setembro

  • 19:30h → Apertura de portas e inauguración: “Narrativas Futuras. As ruínas do rural” (Museo Etnolóxico de Ribadavia).
  • 20:30h → Inauguración da exposición no salón de actos do Museo.
  • 21:00h → Pasarrúas cos Tabaleiros da Istoria.
  • 21:30h → Coloquio performativo de artistas: “Medios estagnados, ecoloxías subversivas e outros” (Museo).
  • 23:00h → Concerto de Burning (Praza da Casa da Cultura).
  • 00:30h → Discomóbil Euphoria (Rúa Progreso con Oliveira).

Sábado 6 de setembro

  • 11:00h → IX Quedada de Motos Clásicas O Ribeiro (Castelo).
  • 12:00h-12:30h → Desfile de Xigantes, cabezudos e cabezudiños con “Airinos de Arnoia”.
  • 12:00h-12:30h → Mercado das Sementes (Xardíns do Castelo).
  • 12:30h/13:30h → Obradoiro de iniciación a novas experiencias plásticas.
  • 13:00h/13:30h → O Grilo Sinde (Arteficial).
  • 13:30h → Mvre Brima (Igrexa da Madalena).
  • 15:00h → Isaac Pedrouzo (Salón Balneario Arteficial).
  • 16:30h/17:30h → DJ Abril (Praza Buxán).
  • 17:30h/18:30h → DJ Paula RR (Escalinata do Castelo).
  • 17:30h/18:30h → Auto Sacramental (Praza Buxán).
  • 18:30h/19:00h → Obra de teatro infantil: “As mans no pasado”.
  • 19:00h → Concerto de Charnego (Rúa Progreso).
  • 20:00h/21:00hOs Bravú (Escalinata do Castelo).
  • 20:30h/21:30h → DJ Paula RR (Rúa Progreso).
  • 21:30h → Concerto de Orquestra Royal Espectáculo (IIS O Ribeiro).
  • 22:30h/00:00h → Karaoke Open Mic (Arteficial).
  • 00:30h → DJ Rompecinturas Selektor (Igrexa da Oliveira, Arteficial).

Domingo 7 de setembro

  • 12:00h → Pasarrúas con Bandiños Band.
  • 12:30h → Saída dos Xigantes e Cabezudos ata a residencia de maiores (San Domingos).
  • 19:00h → Confección da Alfombra Floral en honra á Virxe do Portal (Mulleres Rurais).
  • 19:30hPakolas, actuación infantil.
  • 20:30hOs Coribantes, actuación musical.
  • 22:00h → Verbena con Orquestra Ritmo Joven.
  • 01:00h → Discomóbil MVP (Rúa Progreso xunto ao Castelo).

Luns 8 de setembro – Día Grande

  • 10:30h → Recepción de autoridades (Casa do Concello).
  • 10:45h → Pasarrúas coa Banda A Lira de Ribadavia ata o Santuario da Virxe do Portal.
  • 11:00h → Procesión da Virxe do Portal, acompañada pola Banda A Lira e con tirada de fogos.
  • 12:00hMisa solemne cantada polo Coro de Cámara Club Artístico.
  • 13:30h → Saída de Xigantes e Cabezudos acompañados polo Grupo de Gaitas de Castrelo de Miño.
  • 20:00h → Concerto da Banda A Lira de Ribadavia (Auditorio Rubén García).
  • 22:00h → Verbena co grupo Gin Toni’s (Rúa Progreso).
  • 00:00h → Gran tirada de fogos artificiais (Pirotecnia Josman).

Martes 9 de setembro

  • 18:30h → Misa cantada polo Coro Parroquial, coa entrega de misa recollida da Virxe do Portal.
  • 19:00h → Actuación da Banda de Gaitas Brigal Galicia VII.
  • 20:00h → Desfile de Xigantes con Pedro e Dona Ana acompañados da banda.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.