Unha nova edición das Festas do Ruxidoiro – Escorregas chega neste 2024 con tres días de actividades na honra de San Bartolomé.
A escasa distancia da Valenzá, O Ruxidoiro – Escorregas organiza as súas festas nas que se mesturan a música, a gastronomía e os actos litúrxicos.
Festas do Ruxidoiro 2024
A gaiteira Lucía Cortiñas, a Disco Móbil Infinity ou Baltasar el Mariachi forman parte do cartel das festas. Esta localidade do concello de Barbadás comeza as súas festas o 14 de agosto e rematará o día 24.
Mércores, 14 de agosto
- 20:30h – Música de baile a cargo da comisión
- 21h – Pasarrúas coa gaiteira Lucía Cortiñas
Xoves, 15 de agosto
- 12:30h – Sesión vermú e pinchos gratis a cargo da comisión
- 21:30h – Sardiñada de balde para todo o público (Sardiñas, patacas cocidas, pan e bica)
- 22:30h – Disco Móbil Infinity
Sábado, 24 de agosto
- 20:30h – Procesión, saída dende o Ruxidoiro
- 21h – Misa Solemne na Capela das Lamas
- 22h – Gran churrascada popular (churrasco, criollos, empanada, viño e bica)
- 23h – Verbena con Baltasar el Mariachi