As Festas Patronais de San Benito 2025 en Cartelle chegan con dous días repletos de actividades para toda a veciñanza e visitantes.
O programa inclúe procesións, música en directo, festa infantil, cea popular e verbenas para celebrar esta cita tan esperada no mes de xullo.
Cartelle celebra as Festas de San Benito
O venres 11 de xullo, a xornada arrinca ás 09:30h cos tradicionais pasarrúas, seguidos da procesión ás 11:30h e a misa solemne en honra a San Benito ás 12:00h. A continuación, celebrarase a sesión vermú, amenizada pola Banda de Gaitas.
Pola noite, a música será protagonista co concerto de Nova Fronteira ás 23:00h, seguido do Festival 90s-2000s, onde DJ’s como José Grande, Rivero, Víctor Rivas e Gold farán soar os himnos dance que marcaron unha xeración.
O sábado 12 de xullo será o día grande para as familias. A partir das 18:00h, celebrarase a Gran Festa Infantil, con inchables, xogos tradicionais, Festa Holi e Festa da Espuma.
Ás 21:00h terá lugar a tradicional cea popular, cun menú composto por empanada, lacón cocido, churrasco, criollo, postre, bebida e chupitos, cun prezo de 22 euros e entrada gratuíta para nenos de ata 10 anos.
Para pechar a noite, a partir das 23:00h haberá verbena co grupo La Tremenda e a animación de DJ DMR Espectáculos.
