Eventos

Festas de San Estevo de Untes 2025

A parroquia de Untes prepárase para vivir unha intensa fin de semana festiva con motivo das festas na honra a San Estevo, que se celebrarán os días 1, 2 e 3 de agosto.

O cartel deste ano promete animar á veciñanza e visitantes cunha ampla programación musical, deportiva e lúdica.

Festas de San Estevo de Untes 2025

A cita arrinca o venres 1 de agosto ás 23:00 horas, cunha verbena a cargo do dúo Os Trasnos, seguida da actuación da orquestra La Ola ADN, que porá ritmo á noite inaugural.

O sábado 2 de agosto comezará pola mañá cos tradicionais pasarrúas e sesión vermú, amenizadas polas charangas CLK e Castrovelllo. Ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne e ao mediodía terá lugar o Torneo de Chave. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, os solteiros e casados enfrontaranse no tradicional partido de fútbol, un dos momentos máis agardados das festas. A xornada rematará cunha verbena que contará coas orquestras Gloss e Miramar.

O domingo 3 de agosto estará dedicado aos máis pequenos, cunha sesión de xogos infantís ás 18:00 horas a cargo de Yuka Animación.

Festas de San Estevo de Untes 2025
Festas de Untes 2025

As festas contan co apoio de numerosos establecementos e empresas locais. Estas fan posible un evento que cada ano reúne a familias e amigos arredor da música, o deporte e a tradición.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.