Eventos

Festas de San Lourenzo de Piñor 2025: programa completo

A parroquia de Piñor (Concello de Barbadas) vivirá do 4 ao 10 de agosto as festas na honra da Virxe das Neves e de San Lourenzo cun amplo programa.

Esta programación combina actos relixiosos, xogos populares, sesións vermú e verbenas a cargo de grupos e orquestras de renome.

Festas de San Lourenzo de Piñor 2025: programa completo

As celebracións comezarán o luns, 4 de agosto, cunha procesión en honra da Virxe das Neves, acompañada por unha banda de gaitas (20:00 h). A continuación haberá unha cea popular e verbena coa actuación do grupo Os Trasnos.

O martes 5 será a quenda dun torneo de tute (17:00 h) e dunha verbena con Zona Zero (00:00 h).

O venres 8, a música seguirá coa sesión dun DJ á medianoite, mentres que o sábado 9 arrancarán os xogos infantís ás 17:00 h no campo de Roma. Pola noite haberá verbena coa charanga CLK e a orquestra Marbella, que actuará “a todo gas”.

O día grande será o domingo 10, festividade de San Lourenzo, cunha misa solemne ás 12:00 h. A sesión vermú será amenizada pola Banda de Música de Barbadás, mentres que pola tarde actuará o grupo Picafoles. A noite rematará cunha gran verbena conxunta a cargo de Grupo Origen e Claxxon.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.