As festas de San Pedro Mártir en Xunqueira de Ambía celébranse os días 29 e 30 de abril con varias propostas musicais con especial atención ós máis cativos.
Durante dous días, Xunqueira de Ambía celebra a festividade de San Pedro Mártir. A Banda escola de música e Cultura de Galicia, a orquestra Travesía e a discomóbil Show porán a animación musical durante estes festexos.
Festas de San Pedro Mártir en Xunqueira de Ambía
A organización deste evento, coa colaboración da ANPA Padre Crespo, presenta un programa no que os máis pequenos terán o protagonismo. O sábado 29, as rúas de Xunqueira acollerán unha busca do tesouro. Ó día seguinte, 30 de abril, xogos populares e maxia están recollidos na programación destas festas.