As Festas de San Roque 2025 en Bande terán lugar do 22 ao 25 de agosto cun completo programa de actividades musicais e culturais.
Esta programación promete animar a veciños e visitantes durante catro días consecutivos.
Bande celebra as Festas de San Roque 2025
O xoves 22 comezará a festa coa actuación da charanga Bandiños Band ás 19:30 h. A partir das 23:30 h. arrancará a verbena da man da orquestra Furia Joven, seguida da Disco Móbil DMR.
O venres 23 haberá pasarrúas e sesión vermú coa Charanga de Bande. Pola tarde, ás 18:00 h., terá lugar a presentación do Bande FC no campo do Outeiro. A festa continuará con música en directo a partir das 21:30 h. co recoñecido artista Antonio Barros, e rematará cunha gran verbena amenizada pola orquestra Marbella e unha nova sesión da Disco Móbil DMR.
O sábado 24 será un día dedicado á música tradicional. A xornada comezará con pasarrúas, misa e sesión vermú coa Banda de Música Municipal de Ramirás. Pola tarde, ás 19:30 h., a banda ofrecerá un concerto, e ás 23:30 h. actuará o grupo Tania Veiras.
O domingo 25 porán o broche final as celebracións cunha nova xornada de pasarrúas e sesión vermú con grupo de gaiteiros. A partir das 20:30 h., o Trío 3.COM será o encargado de despedir as festas por todo o alto. Durante o descanso, ofrecerase polbo e churrasco.
