Eventos

Festas de San Salvador 2025: programación completa en Ponte Noalla

A parroquia de Ponte Noalla xa conta as horas para dar comezo á tradicional celebración na honra a San Salvador, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto de 2025.

Unha fin de semana cargada de actividades relixiosas, verbena, gastronomía e diversión para todas as idades.

Festas de San Salvador 2025: programación completa en Ponte Noalla

A programación comeza o xoves 8, cunha verbena amenizada pola orquestra Triunfo e a disco móbil Futuro. O ambiente festivo continuará o venres 9, coa misa e procesión na honra a San Salvador, pasarrúas e sesión vermú a cargo da charanga BCB. Pola noite, será a quenda da orquestra Trébol, acompañada tamén da disco móbil Futuro.

O día grande será o sábado 10 de agosto, coa tradicional misa e procesión, e un concerto da Banda Municipal. Ao mediodía, celebrarase a comida popular, cun menú completo e prezo de 15 euros para maiores de 12 anos, e 10 euros para os menores. As inscricións poden realizarse ata o 6 de agosto.

Durante a tarde e noite haberá festa rachada coa charanga El Brexit, e concertos dos grupos Güezos e Dr. Slump, que ofrecerán música para todos os gustos. A disco móbil Futuro volverá poñer o broche final con sesións ata altas horas.

Festas de San Salvador 2025: programación completa en Ponte Noalla

Ponte Noalla convida a veciñanza e visitantes a gozar dun programa festivo variado, que combina tradición relixiosa, música en directo, cultura popular e gastronomía.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.