As festas de San Xoán de Penosiños 2025 traen unha programación variada e chea de tradición que se celebrará os días 8, 20, 21, 22 e 24 de xuño.
A parroquia, situada no concello de Ramirás, vivirá cinco xornadas de música, gastronomía e cultura popular coa implicación da veciñanza.
Festas de San Xoán de Penosiños 2025
O domingo 8 de xuño dará comezo a festa coa tradicional Baixada do Santo. A procesión sairá ás 18:30 horas da capela de San Xoán rumbo á igrexa parroquial de Penosiños, acompañada polo grupo de gaitas Feitizo de Pao.
Será a primeira das citas relixiosas destas festas que combinan fe e celebración.
O venres 20 terá lugar unha das citas gastronómicas máis esperadas: a Gran churrascada. A partir das 22:00 ho Dúo Explosión animará a verbena.
O sábado 21 chega outro dos pratos fortes. A procesión comezará ás 19h acompañada do grupo de gaitas Feitizo de Pao. Despois da procesión celebrarase unha gran pulpada popular. A verbena correrá a cargo de DJ Begoña e Rubén Prado, garantindo unha noite de festa.

As misas solemnes celebraranse o domingo 22 e o martes 24, ambas ás 12:00 h. O día 22 tamén haberá polbo á feira para os asistentes, mantendo viva a tradición gastronómica da zona.