A localidade de San Xurxo de Touza, no concello de Taboadela, celebra o 24 e o 25 de agosto de 2023 as súas festas na honra de San Bartolomeu cunha ampla oferta de actividades durante ambos días.
As propostas que presenta a organización das festas de San Xurxo inclúen actuacións musicais, actos relixiosos e actividades para toda a veciñanza.
Festas en San Xurxo de Touza
A Banda de Música e Cultura de Galicia será a encargada de iniciar estes festexos cun pasarrúas polas aldeas da parroquia. A partir dese momento, figuras como a artista Pili Pampín ou as orquestras Saudade ou La Travesía darán continuidade á celebración.
Xoves, 24 de agosto
- 10h – Pasarrúas coa Banda de Música e Cultura de Galicia
- 12:30h – Procesión e Misa
- 17h – Xogos e Festa da Espuma para nenos / Campionato de cartas
- 20h – Orquestra Saudade
- 22h – Actuación de Pili Pampín
Venres, 25 de agosto
- 12:30h – Procesión e Misa Solemne
- 13:30h – Vermú coa charanga Achicoria
- 17:30h – Partido de Solteiros e Casados
- Verbena coa orquestra La Travesía
- Actuación do DJ Dave Iglesias