Eventos

Festas de San Xurxo de Touza 2024

Xa coñecemos o cartel das Festas de San Xurxo de Touza 2024 que contará con varias actuacións musicais durante os tres días de festexos.

Os días 23, 24 e 25 de agosto, esta localidade do concello de Taboadela celebrará as súas festas na honra de San Bartolomeu.

Festas de San Xurxo de Touza 2024

O venres, día 23, a charanga «Os Escachapeitos» realizará un pasarrúas a partir das 19h para dar comezo ás celebracións de 2024.

A xornada do sábado, 24 de agosto comezará coa procesión e misa na honra de San Bartolomeu e a sesión vermú coa charanga «Achicoria». A partir das 17h, os máis cativos gozarán con numerosos xogos, festa da escuma e inchables. Será ás 21h cando comece a festa coa Orquestra Talismán que tamén actuará na verbena xunto á Disco Móbil Chocolate.

No terceiro e derradeiro día das festas, a «Charanga de Música e Cultura de Galicia» actuará na sesión vermú unha vez realizada a procesión e misa na honra de San Bartolomeu. Pola tarde, o tradicional partido entre solteiros e casados e a actuación da Orquestra Tango porán o remate ás festas de San Xurxo de Touza deste ano 2024.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.