EventosNoticias

Santa Cruz de Arrabaldo celebra as súas festas o 29 e 30 de agosto

A parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, en Ourense, celebra as súas tradicionais festas os días 29 e 30 de agosto de 2025 cun programa que mestura gastronomía, música e tradicións populares.

O venres 29 terá lugar a cea popular no Campo da Ramallosa a partir das 21:30 horas.

Santa Cruz de Arrabaldo celebra as súas festas o 29 e 30 de agosto

O menú inclúe empanada, lacón á galega, churrasco mixto con patacas fritidas, ensalada, sobremesas variadas, viños da D.O. Ribeiro e café.

O prezo é de 25 euros para adultos, 15 euros para nenos de 4 a 11 anos e gratuíto para menores de 3. A inscrición pode facerse ata o 20 de agosto. A noite estará amenizada polas actuacións do Grupo Claxxon e Os Trasnos.

O sábado 30, a festa continuará cunha misa solemne ás 12:30 horas e a sesión vermú amenizada pola Charanga CLK. Xa pola noite celebrarase a verbena, na que actuarán La Oca Band e Gramola, ademais do espectáculo «Historia da Verbena», que repasa a tradición musical das festas galegas.

Santa Cruz de Arrabaldo celebra as súas festas o 29 e 30 de agosto

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.