Eventos

Festas de Santa Cruz de Arrabaldo 2024

Esta fin de semana celébranse as Festas de Santa Cruz de Arrabaldo 2024 cunha importante oferta musical para todas as idades.

Os días 3 e 4 de maio, Santa Cruz de Arrabaldo celebrará unha das festas máis agardadas na contorna da cidade de Ourense.

Festas de Santa Cruz de Arrabaldo 2024

O venres, 3 de maio, a programación das festas de Santa Cruz de Arrabaldo comezará coa celebración dunha eucaristía ás 13h. Pola noite, a Orquestra Marbella comezará a súa actuación a partir das 22:30h. A verbena inclúe tamén a actuación de A Gramola.

Na xornada do sábado, 4 de maio, as festas contarán de novo coa celebración dunha misa ás 13h e posterior sesión vermú. Pola noite, a partir das 22:30h, comezará a verbena coa presentación oficial do grupo Nebraska. As festas de Santa Cruz de Arrabaldo rematarán cun festival de DJ’s entre os que atopamos a DJ Paulo Seoane, Imcodee, DJPopy ou JJ Compota e a Discomóbil Infinitty.

Festas de Santa Cruz de Arrabaldo

Botón volver arriba