O Picouto, en San Cibrao das Viñas, prepárase para celebrar por todo o alto as festas na honra a Santa Rita os días 11, 23, 24 e 25 de maio de 2025.
O programa inclúe gastronomía popular, música en directo, xogos e actos relixiosos, mantendo viva a tradición e o espírito festivo da contorna.
Festas de Santa Rita no Picouto
A cita arrinca o 11 de maio coa Festa dos Callos, onde por 15 euros (bebida non incluída), os asistentes poderán degustar empanada, callos, sobremesa e café. Pola tarde celebrarase un clásico: o partido entre solteiros e casados.
O venres 23 haberá gran pulpada e carne ó caldeiro, tamén con reserva previa, e unha verbena amenizada polo trío Vaivén.
O sábado 24 estará dedicado aos xogos populares con partidas de cartas e futbolín pola tarde, e verbena co grupo Atenas, que animará a noite.
O domingo 25 comezará co pasarrúas da Banda de Música, seguido da procesión e misa solemne ás 12:00 horas. A continuación, terá lugar unha sesión vermú e, xa pola tarde, o tradicional tiro á chave, masculino e feminino. A xornada rematará cunha gran festa coa orquestra Miramar, e ás 21:30 celebrarase un sorteo de 400 euros en premios.
