As Festas da Valenzá de 2024 contarán cun Punto Violeta grazas á colaboración do concello de Barbadás a través da concellería de Igualdade.
Este servizo está instalado no Parque da Liberdade o sábado, 8 de xuño, desde as 22h, durante a celebración do Festival Bailenzá.
As Festas da Valenzá contarán cun Punto Violeta
No Punto Violeta ofrecerase información e atenderanse posibles casos de violencia de xénero e agresións LGBTIfóbicas.
O concello de Barbadás asume os case 2.000 euros que custa este Punto Violeta para lograr unhas festas libres de agresións sexistas.