Eventos

Barral celebra as festas na honra á Virxe das Neves

A parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño, acollerá os días 4 e 5 de agosto de 2025 as tradicionais festas na honra á Virxe das Neves.

Estas festas contan cun completo programa de actividades musicais, culturais e gastronómicas para todos os públicos.

Barral celebra as festas na honra á Virxe das Neves

O luns 4 de agosto dará comezo a festa coa animación dos pasarrúas a cargo dos gaiteros Airiños de Caldelas. Ás 20:00h terá lugar a inauguración da XXX edición da Festa da Anguía, seguida da verbena coa orquestra Marbella, que estará acompañada da discoteca móbil MVP Music Discomóbil.

O martes 5 a celebración continuará con pasarrúas e a misa solemne con procesión, a partir das 12:00h, con acompañamento da Banda Musical da Limia, que tamén ofrecerá un concerto no campo da festa. A verbena da noite correrá a cargo da recoñecida orquestra París de Noia, seguida do espectáculo de Euphoria Disco Show.

Barral celebra as festas na honra á Virxe das Neves

A tradicional degustación de anguías, prato típico da zona, terá lugar ambos días a partir das 20:00h, converténdose nun dos principais atractivos gastronómicos da festa.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.