Noticias

Ramirás acolle un Rebulir máis internacional

O Festival Internacional de Rebulir 2025 abriu esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel a súa 20ª edición.

A edición de 2025 contará cun programa que medra en compañías, actividades e coa creación dun novo premio, reforzando o seu carácter internacional e rural.

Ramirás acolle un Rebulir máis internacional

A programación, presentada polo director artístico e académico do FIR, Alexandre Sotelino, desenvolverase do 18 ao 20 de decembro, cunha gala final o sábado ás 19:00 horas no Polideportivo O Picouto, en Ramirás. Nese acto entregaranse os premios anuais.

Ramirás acolle un Rebulir máis internacional
Foto: Rebulir

Sotelino destacou o crecemento sostible do festival e o seu impacto cultural, turístico e económico no territorio.

No acto participaron representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense, do Concello de Ramirás e de Abanca, que coincidiron en salientar o papel de Rebulir na proxección da cultura galega e na conexión entre tradición e diversidade cultural.

Publicaciones relacionadas

Nesta edición participarán 12 compañías —tres internacionais, tres estatais e seis galegas— e estréase o selo promocional “Feito no rural”. O programa inclúe exposicións, paneis universitarios e animacións de rúa en Celanova, antes da gala central.

Entre os Premios Rebulir da Cultura Galega 2025, o xurado recoñeceu a Malvela en Música Galega, a Cristina Castaño en Artes Escénicas e ao Programa Luar na categoría de Homenaxe. A novidade deste ano é o Premio Rogelio García Yáñez, que distinguirá aos emigrantes galegos en Euskadi polo seu labor de difusión cultural.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.