Eventos

Galicia Ilusiona trae a Ourense aos mellores magos do mundo

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o vindeiro 9 de outubro, ás 17:30 horas, a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona”, a gran cita anual coa maxia de máis alto nivel.

Trátase dun espectáculo único que reúne sobre o mesmo escenario a algúns dos magos máis recoñecidos e premiados a nivel internacional.

Galicia Ilusiona trae a Ourense aos mellores magos do mundo

Na Gran Gala Internacional deste ano, o público poderá gozar cos incribles trucos de Mago Murphy (Madrid), Seimei (Corea do Sur), Nacho Samena (Galicia), David Burlet (Francia) e a Compañía Mag Edgard (Barcelona).

Galicia Ilusiona trae a Ourense aos mellores magos do mundo

“Galicia Ilusiona” consolidouse como un referente cultural que combina entretemento, espectáculo visual e talento internacional, ofrecendo en Ourense unha ocasión irrepetible para amantes da maxia de todas as idades.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.