Noticias

Un Festival para rematar o curso na Escola de Música

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia realizou onte un Festival para rematar o curso na súa Escola de Música.

A maior parte dos case 250 alumnos da escola participaron neste Festival que se celebrou no patio do Colexio San Pío X de Mariñamansa.

Un Festival para rematar o curso na Escola de Música

Música tradicional e moderna mesturáronse durante as dúas horas que durou o festival para ofrecer un repertorio co que o numerosos público asistente gozou e se implicou. Ó ritmo das pandeiretas, acordeóns e o resto de instrumentos presentes, os distintos grupos participantes amosaron o traballo realizado durante o curso 2022/23.

Algunha das actuacións máis aplaudidas foron as realizadas polos máis cativos de música e movemento e pandeireta infantil que con idades entre os 3 e os 5 anos mostraron o seu bo facer. Esas curtas idades contrastan cos máis de 70 anos que tiñan algúns membros doutras agrupacións nunha mostra da integración que persoas de diferentes idades teñen nesta escola de música.

Un Festival para rematar o curso na Escola de Música

Coa celebración deste Festival, a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia pon o peche ó actual curso e prepara xa o curso 2023/24 para o que xa ten a inscrición aberta.

Botón volver arriba