Noticias

A xustiza impón fianza aos comerciantes da Alameda

A xustiza impón unha fianza aos comerciantes da Alameda para continuar coa súa actividade no Parque da Alameda de Ourense, segundo recolle un auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 que o Concello de Ourense valora de forma positiva.

O auto recoñece expresamente que “non é desexable que se siga producindo de forma indefinida a ocupación gratuíta da Alameda”, aínda que mantén a suspensión cautelar do desaloxo dos postos vinculados á mercantil Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos nº 1.

A xustiza impón fianza aos comerciantes da Alameda

A xustiza impón fianza aos comerciantes da Alameda

Obriga económica nun prazo de 10 días

A resolución xudicial establece que os comerciantes deberán consignar no prazo de 10 días o importe do canon actualizado, ao que se engade un recargo adicional do 50%. Esta cantidade funcionará como garantía para poder continuar temporalmente no espazo público.

O auto resulta claro ao advertir que, de non efectuarse o pagamento, levantarase a medida cautelar e o Concello poderá executar o desaloxo de maneira inmediata.

Recoñecemento do prexuízo ao uso público

O xuíz tamén admite que a permanencia dos postos na Alameda de Ourense limita o uso común do parque por parte da veciñanza e recoñece o dereito da administración local a recibir unha compensación económica polo uso privativo dun espazo público.

Dende o Goberno local subliñan que esta resolución pon fin á situación de “gratuidade” da que, segundo a súa valoración, viña gozando a asociación. O executivo municipal considera que o auto garante que, no seu caso, as arcas municipais perciban unha compensación pola ocupación da Alameda.

Ademais, a resolución xudicial recoñece a posibilidade de resolver o contrato por outras vías legais e mantén a obriga da mercantil de efectuar o traslado no prazo indicado.

O Concello insiste en que seguirá traballando para que o parque quede expedito canto antes e poida recuperarse para o desfrute xeral da cidadanía.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.