Noticias

A Deputación pide flexibilizar a regra de gasto ao Goberno

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse hoxe co presidente da Deputación, Luis Menor, para analizar asuntos de actualidade relacionados coa provincia.

No encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, Menor reclamou a flexibilización da regra de gasto tanto para a Deputación como para os concellos.

A Deputación pide flexibilizar a regra de gasto ao Goberno

A súa solicitude foi recollida por Santos, quen se comprometeu a trasladala ao Ministerio de Facenda e a informar posteriormente da resposta obtida.

A Deputación pide flexibilizar a regra de gasto ao Goberno
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos lembrou que España debe cumprir as regras fiscais europeas, que establecen disciplina orzamentaria e límites no déficit e na débeda pública. Por iso advertiu de que unha suspensión ampla da regra de gasto podería ser incompatible con estas obrigas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.