Noticias

A Xunta conclúe a restauración do foxo do lobo de Salas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe o foxo do lobo do Salas, en Muíños, coincidindo coa finalización das obras de escavación e consolidación, ás que a Consellería de Cultura destinou máis de 16.000 euros este ano.

Na visita tamén participou o alcalde, Plácido Álvarez.

A Xunta conclúe a restauración do foxo do lobo de Salas

Pardo destacou a relevancia destas intervencións, que preservan o patrimonio etnográfico. Estas accións permiten que futuras xeracións poidan comprender mellor a historia e as tradicións da provincia. Subliñou ademais que “o patrimonio cultural é fundamental para proteger o noso sentido de identidade”.

A Xunta conclúe a restauración do foxo do lobo de Salas
Foto: Delegación da Xunta en Ourense

A actuación en Muíños forma parte do Plan de Intervencións Arqueolóxicas 2025, que supón un investimento de 260.000 euros na provincia. En total, 15 intervencións impulsan a posta en valor de xacementos e bens patrimoniais en concellos como Allariz, Verín, Castro Caldelas, Oímbra, Boborás ou Celanova. Tamén se procede a limpeza dos castelos da Limia e das capelas medievais da Ribeira Sacra.

No foxo do lobo realizouse a limpeza da vexetación, a roza do perímetro e a restauración de 13 metros do muro principal, cunha altura de 2,30 metros e paredes de ata 90 centímetros, recuperando a súa estrutura orixinal tradicional.

O foxo, situado na Veiga de Requiás, no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, é un ben etnográfico singular vinculado á caza do lobo e representativo da paisaxe agraria galega, con orixes que se remontan á Idade Media.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.