O Concello de Ourense desembolsará 54.415 euros para cubrir os gastos xudiciais do exalcalde Manuel Cabezas, absolto en relación coa denuncia presentada en 2014 pola exconcelleira Áurea Soto.
Así o informou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
O Concello de Ourense paga 54.415 € por gastos xudiciais do exalcalde
Segundo explicou Pérez Jácome, a normativa garante que os concellos abonen os gastos de defensa cando os acusados non son condenados, como foi o caso de Cabezas. Os técnicos municipais deron por válidas as reclamacións do exrexedor.

Un decreto recente da Alcaldía recolle que, á vista do informe do Servizo de Recursos Humanos e da dilixencia de intervención, se estima a reclamación de indemnización derivada do procedemento abreviado 3764/2014. O documento autoriza e dispoñer o gasto, recoñecendo e liquidando a obriga por un importe de 54.415 euros.
O procedemento xudicial xurdiu dunha denuncia presentada en setembro de 2014 pola exconcelleira de Urbanismo do PSdeG-PSOE, Áurea Soto. Esta acusaba o exalcalde e o exconcelleiro Ricardo Campo de presunta prevaricación e malversación. Ambos foron absoltos pola Audiencia Provincial en xaneiro de 2022 e polo Tribunal Supremo en maio de 2024.