Noticias

Gerardo Seoane busca o seu terceiro mandato en Verín

Gerardo Seoane Fidalgo busca o seu terceiro mandato en Verín tras ser designado polo PSdeG-PSOE como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2023.

O actual alcalde de Verín, Gerardo Seoane, buscará continuar durante unha terceira lexislatura á fronte do goberno municipal.

Gerardo Seoane busca o seu terceiro mandato en Verín

«Buscamos unha terceira lexislatura que nos permita seguir avanzando en numerosas frontes, xa que o noso traballo aínda non está completo e queda moito por facer», sinala o candidato socialista.

Gerardo Seoane busca o seu terceiro mandato en Verín

Entre os logros acadados no actual mandato, Seoane destaca que «avanzamos na humanización das rúas, especialmente as vías principais, os parques e os balnearios, polo que nos queda rematar con obras xa empezadas e seguir apostando por mellorar os servizos e as infraestruturas».

Para o terceiro mandato, os obxectivos de Gerardo Seoane son:

  • Novo plan xeral,
  • desenvolver chan industrial,
  • captar novas empresas,
  • xerar novos postos de traballo.

Botón volver arriba