Noticias

Manuel Pardo felicita a Germán Rodríguez-Sáa polo seu nomeamento na AECC

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu na Delegación Territorial a Germán Rodríguez-Sáa, a quen trasladou os seus parabéns polo seu recente nomeamento como conselleiro nacional da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Durante o encontro, Pardo desexoulle éxito nesta nova responsabilidade, que permitirá reforzar a presenza e participación de Galicia nos órganos de goberno da entidade.

Manuel Pardo felicita a Germán Rodríguez-Sáa polo seu nomeamento na AECC

O delegado da Xunta destacou que o nomeamento representa tamén un recoñecemento á traxectoria de Rodríguez-Sáa como presidente da AECC en Ourense e ao labor desenvolvido pola organización na provincia.

Foto: Delegación do Goberno.

Manuel Pardo puxo en valor o traballo realizado pola asociación coa implicación de persoal voluntario, profesionais, persoas colaboradoras e institucións, unidos polo obxectivo de seguir avanzando na prevención, atención e loita contra o cancro.

O encontro serviu así para recoñecer a traxectoria de Rodríguez-Sáa e a contribución da AECC á sociedade ourensá, así como para destacar a importancia da participación galega na estrutura nacional da entidade.

Botón volver arriba