Noticias

O Goberno impulsa en Ourense a divulgación do novo Regulamento de Estranxeiría

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, inaugurou esta mañá unha nova sesión informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

A charla, impartida pola xefa da Oficina de Estranxeiría, Josefina Rodríguez, e funcionarios da Subdelegación, forma parte dun ciclo informativo que percorre as capitais de comarca da provincia.

O Goberno impulsa en Ourense a divulgación do novo Regulamento de Estranxeiría

O obxectivo é achegar á poboación migrante os cambios lexislativos e facilitar a súa adaptación ao novo marco normativo.

Durante a súa intervención, Eladio Santos subliñou que a nova normativa busca «responder ás necesidades das persoas migrantes, da actual situación demográfica e do mercado laboral«. Ademais, asegurou que o Goberno central aposta pola seguridade xurídica para garantir que as persoas migrantes poidan comezar un proxecto de vida e laboral con estabilidade.

O Goberno impulsa en Ourense a divulgación do novo Regulamento de Estranxeiría
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos criticou as «manobras obstrucionistas» dalgunhas administracións autonómicas, que, segundo el, dificultan a regulación e rexeitan o acollemento de menores migrantes, propoñendo incluso a súa expulsión do país. Con estas xornadas, a Subdelegación busca proporcionar información clara e accesible á cidadanía migrante sobre os seus dereitos e obrigas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.