Unha gran festa Ye-Ye dará continuidade á programación de festas temáticas que organiza tódolos venres a asociación Loiro na Memoria.
Mañá venres, 2 de setembro, a carballeira situada ó carón do Museo Etnográfico de Loiro acollerá unha nova xornada de música.
Gran Festa Ye-Ye en Loiro
A partir das 22h, A Banda de Garda, interpretará os grandes éxitos dos Guateques. A entrada para gozar desta actuación musical ten un custe de 8€ para o público xeral e de 6€ para os asociados de Loiro na Memoria.
Esa primeira cita musical terá continuidade ás 23:30h. cunha nova festa temática. A Asociación Loiro na Memoria organiza unha Gran Festa con música dos 60′ a partir das 23:30h con entrada gratuíta.