Noticias

O grupo socialista pide a dimisión do alcalde trala sentenza

O grupo socialista no concello de Ourense pide a dimisión do alcalde, Pérez Jácome, trala sentenza do xulgado do social nº1 que declarou nulo o cese do interventor.

Na sentenza, o xuíz considerou probada a situación de «acoso no traballo» por parte do alcalde a través de manifestacións realizadas nos plenos municipais e publicacións nas redes sociais.

O grupo socialista pide a dimisión do alcalde trala sentenza

«A sentenza recolle e tipifica unha conduta que ás e aos membros do grupo municipal socialista non nos resulta allea. O continuo abuso da súa posición con difamacións, calumnias e insultos que exceden, con moito, da crítica política e que so teñen como fin danar á persoa á que se dirixen, despreciala e desprestixiala, son unha constante no salón de plenos e no Concello de Ourense» indica a concelleira María Fernández Ojea.

O grupo socialista pide a dimisión do alcalde trala sentenza

Ademais de devolverlle o posto de Interventor, o concello terá que abonar unha indemnización de 30.000 euros. A campaña desprestixio sufrida por este traballador «non tiña outra finalidade que xustificar ante a opinión pública o futuro cese do seu posto por resultar un funcionario incómodo».

Botón volver arriba