A actividade de divulgación da historia de Monterrei terá pleno de participantes ó esgotarse as prazas coa inscrición de máis de 70 persoas.
Estas Xornadas de divulgación da historia de Monterrei ofrecen un atractivo programa de actividades.
A historia de Monterrei terá pleno de participantes
Este venres, 22 de novembro, terá lugar esta actividade no espazo do parador de turismo de Verín, lugar escollido para poder acoller a todos os participantes.
Nas sesións da mañá atopamos monografías que mostrarán unha viaxe desde a idade do ferro ó século XX. Os traballos arqueolóxicos que se realizan na vila de Monterrei tamén terán un espazo destacado nas actividades previstas para a mañá.
Pola tarde, os participantes comezarán cunha visita guiada ós traballos de rehabilitación na vila, o xacemento de Lobarzán ou mesmo o da Madalena. A presentación de recentes publicacións sobre a historia de Monterrei ou a presentación da Novela «A soidade do inquisidor» do escritor Alberte Blanco Casal forman parte do programa da tarde. Os participantes tamén poderán participar nunha cata de viños da Denominación de Orixe Monterrei.