Noticias

O Concello homenaxea ao Club Artai polos seus logros internacionais

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no Salón de Plenos do Concello ás e aos deportistas do Club Artai, nun acto de recoñecemento polos éxitos acadados na recente Copa de Europa de Shuaijiao.

A competición tivo lugar o pasado 21 de xuño en Skopje, capital de Macedonia do Norte.

O Concello homenaxea ao Club Artai polos seus logros internacionais

Durante a homenaxe institucional, as autoridades municipais felicitaron persoalmente os integrantes do club e ao seu adestrador polo destacado papel que xogaron nun evento internacional no que representaron con brillantez tanto ao deporte galego como á cidade de Ourense.

O Concello homenaxea ao Club Artai polos seus logros internacionais
Foto: Concello de Ourense

O Club Artai, especializado na modalidade de Kung-Fu Shuaijiao, demostrou un alto nivel competitivo, resultado dun intenso traballo de preparación e dun firme compromiso coa excelencia deportiva. O Concello puxo en valor o esforzo, a disciplina e o talento do equipo, cualidades que os levaron a acadar importantes logros nunha disciplina aínda pouco coñecida para o gran público, pero de crecente proxección internacional.

Con este acto, o Concello de Ourense quixo expresar o seu apoio ao deporte de base e recoñecer a contribución do Club Artai na difusión da cultura deportiva, así como na promoción da cidade no panorama europeo. Os responsables municipais destacaron tamén a importancia de continuar apoiando proxectos que xeran referentes positivos entre a mocidade e fortalecen o tecido deportivo local.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.