Noticias

Ourense homenaxea ao equipo Marbel de Jiu-Jitsu polos seus éxitos en Roma

O Concello de Ourense abriu esta mañá as portas do Salón de Plenos para render homenaxe ao equipo de Jiu-Jitsu Marbel polos seus destacados resultados no Grand Prix Mediterranean Roma 2025.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, foron os encargados de recibir aos deportistas, nun acto no que tamén participaron os concelleiros Antonio Fernández e Tamara Silva, ambos vinculados a esta disciplina.

Ourense homenaxea ao equipo Marbel de Jiu-Jitsu polos seus éxitos en Roma

Durante a recepción, as autoridades felicitaron un por un aos integrantes do equipo. Subliñaro o seu compromiso, constancia e talento, que se viron recompensados cun brillante medalleiro en terras italianas:

Ourense homenaxea ao equipo Marbel de Jiu-Jitsu polos seus éxitos en Roma
Foto: Concello de Ourense
  • Alicia Pazos e Álvaro Seoane, ouro na categoría U-12 show mixto e bronce na categoría U-12 dúo mixto.
  • Carla Seoane e Bea Nesi, prata na categoría U-16 show feminino.
  • Silvia Iglesias e Llucía Caneiro, cuartas na categoría U-18 show feminino, a piques de subir ao podio.
  • Leire Carrera Prieto, prata na categoría ne-waza -57 kg.
  • Guillermo F. Arenas Jara, bronce na categoría Adults ne-waza -69 kg.
  • Rubén Córdoba Bermello, quinto na categoría Adults fighting -94 kg, cunha notable actuación.

O alcalde destacou que estes logros «enxalzan o nome de Ourense no panorama do Jiu-Jitsu europeo», mentres que o concelleiro de Deportes puxo en valor o papel do club Marbel como referente na formación deportiva da mocidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.