Unha homenaxe ós maiores é a mensaxe que quería transmitir o autor do cartel de Entroido de Barbadás na edición de 2024.
Rubén Alessandro Lucas García é o autor do cartel que o concello de Barbadás utilizará para anunciar o Entroido de 2024.
Homenaxe ós maiores no cartel de Entroido de Barbadás
O autor deste traballo artístico recibirá un premio de 500 euros. O xurado escolleu «A miña terra» e destacou a gran calidade artística, a representatividade do concello na obra e a unión de diferentes xeracións.
A inspiración do autor para realizar este traballo xurde da escultura que está situada no Parque dos Patos e está dedicada ós maiores. Ana Belén Peleteiro, concelleira de cultura, e Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, presentaron o cartel ó carón da estatua que o inspirou.