Con motivo da xornada de memoria histórica que se celebra arredor do 31 de outubro, integrantes do grupo municipal socialista de Ourense realizaron un acto simbólico de homenaxe ás vítimas do franquismo e ás mulleres silenciadas pola represión e o exilio.
A acción, inspirada na figura da criada como símbolo de resistencia e denuncia, desenvolveuse diante da igrexa de Santa María Nai.
Acto de homenaxe en Ourense ás vítimas do franquismo e do exilio
As escaleiras deste emblemático lugar convertéronse nun espazo de lembranza e reivindicación da liberdade e dos dereitos conquistados ao longo das décadas.

As representantes socialistas salientaron que a memoria democrática é tamén unha loita feminista. “Trátase de manter viva a lembranza das mulleres silenciadas e de combater o esquecemento, a impunidade e calquera intento de retroceso nos dereitos conquistados”, subliñaron durante o acto.

