A humanización do núcleo de Moreiras, no concello de Toén, avanza cun investimento de preto de 355.000 euros.
Este proxecto xurde dun acordo de cooperación entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello.
A Xunta financia a humanización do núcleo de Moreiras en Toén
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá o estado das obras. Fixo acompañado pola directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, e polo alcalde, Ricardo González.

A actuación conta cunha achega do 70% por parte do Goberno galego e permitirá crear novos espazos públicos de lecer no núcleo. Entre eles figuran un auditorio ao aire libre con escenario e bancos, unha zona de pérgolas con mobiliario, un parque infantil, unha área con aparellos biosaudables e unha pista multideportiva.
O proxecto tamén inclúe a instalación de alumeado, rede de pluviais e mobiliario urbano. Esto completa outras actuacións realizadas anteriormente para urbanizar unha praza e mellorar a accesibilidade de Moreiras.
Durante a visita, Manuel Pardo destacou que esta intervención se desenvolve ao abeiro do Plan Hurbe, un programa da Xunta destinado a humanizar espazos públicos e mellorar a calidade de vida da veciñanza, ao tempo que contribúe a reforzar o atractivo dos núcleos rurais.

