Noticias

I Serán de Outono no Irixo

O pasado sábado, 21 de outubro, celebrouse no polideportivo polas inclemencias meteorolóxicas o primeiro Serán de Outono no Irixo.

Para a banda de danzas e gaitas do Irixo comezou ven cedo pola mañá a iso das 11h. Comezaron a preparar os ágapes cos que agasallarían os grupos participantes e os paquetes dos sorteos. Alí estiveron entre caixas de pan e embutido, iogures, biscoitos e galletas.

I Serán de Outono no Irixo

Neste primeiro serán participaron 9 grupos:

  • Gaitas e Danzas Airiños de Arnoia,
  • Xunquereteiras,
  • Terras do Arenteiro,
  • Pandereteiras de Zobra,
  • Músicos de Rebulir
  • Ala, Pepes,
  • Pandereteiras de Rebulir,
  • Flor de Toxo e
  • Banda de Gaitas e Danzas O Irixo.

Comezou a tarde cun obradoiro de baile alá polas 19 horas, as 20h xa comezaron as actuacións, abriu este serán “Ala, Pepes” as 20:15 tocoulles a Xunqueteiras, seguiu o serán actuando as 20:30 Rebulir e as 20:45 comezou a primeira rolda de sorteos.

Ás 21 horas comezou de novo despois desde descanso coas Pandareteiras de Zobra, as 21:20 Airiños de Arnoia e as 21:40 con Flor de Toxo. Ás 22:00 houbo sorteo de novo e na ultima parte actuaron as 22:30 Terras do Arenteiro e cerrou as 22:40 a Banda de Gaitas e danzas do Irixo, rematando bailando todos xuntos o Esparaván do Incio.

Ao remataren das actuacións, púidose participar nunha foliada libre. Houbo venta de bocadillos quentes, chocolate e bebidas que se puideron mercar no bar.

Pódese afirmar que houbo unha gran participación e que dende logo a experiencia foi moi positiva e que seguro que se repetirá o próximo ano. Agradecer a organización e os colaboradores.

Vídeos do I Serán de Outono do Irixo

Botón volver arriba