Noticias

Iago Tabarés denuncia o estado dos Centros de Menores en Ourense

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, denuncia o estado dos Centros de Menores Montefiz e Monteledo en Ourense.

«A mellora, moi necesaria, dos Centros de Internamento de menores Monteledo e Montefiz» é o tema central da iniciativa presentada polo deputado do BNG.

Iago Tabarés denuncia o estado dos Centros de Menores en Ourense

«Actualmente na Galiza só existe un centro específico para a execución de medidas de tratamento terapéutico en réxime pechado, o Centro de Menores de Atención Especializada Montefiz, en Ourense» lembran desde o BNG.

«As prazas das que dispón o centro Montefiz non son abondas para acoller a todos os menores suxeitos a medidas de internamento terapéutico, polo que se están a producir casos nos que teñen que ser derivados a outros Centros, como por exemplo Monteledo, que carecen dos medios e recursos para a eficaz execución das medidas impostas».

Iago Tabarés denuncia que por este motivo, «o internamento poda agravar os problemas que provocaron o ingreso» ó non realizarse «o tratamento necesario».

Iago Tabarés denuncia o estado dos Centros de Menores en Ourense
Iago Tabarés. Foto: BNG

Un asunto que tamén adquire gran relevancia para o funcionamento destes centros de menores e o estado das instalacións. «Falta de climatización e calefacción en boa parte das habitacións, cancha deportivas con pavimento de grava, mal estado dos aseos, ou interrupcións no sistema de subministración eléctrica» son algunhas das deficiencias denunciadas. Estas denuncias realizadas polo Comité de empresa e varios menores, afectan ó centro de menores Monteledo.

A terceira parte da iniciativa presentada polo BNG fai referencia ó persoal dos centros. «As ratios do persoal encargado da atención e tratamento dos menores e as súas condicións laborais e salariais contribúen á precarización do funcionamento do sistema».

Para atallar estes problemas, o BNG solicitan a:

  • «xestión directa dos Centros de internamento de menores».

Tamén solicitan á Xunta de Galicia que actúe en relación á:

  • «reforma das instalacións dos Centros Monteledo e Montefiz,
  • aumento das ratios do persoal de atención e tratamento de menores e
  • melloras nas súas condicións laborais».

Botón volver arriba