Deportes

Icía Ares logra o ouro con récord no Iberoamericano sub18

A atleta ourensá Icía Ares proclamouse campioa dos 5.000 metros marcha no Campionato Iberoamericano Sub18, cunha actuación histórica que lle valeu o ouro e un novo récord da competición.

A proba celebrouse na cidade de Luque, en Paraguai, onde a marchadora do Club Ourense Atletismo impresionou ao rebaixar en máis dun minuto a súa marca persoal, establecendo un tempo de 23:27.46.

Icía Ares logra o ouro con récord no Iberoamericano sub18

Dous metais máis para o Club Ourense Atletismo con Sabela Castelo e Hugo Casañas.

Icía Ares logra o ouro con récord no Iberoamericano sub18

Partindo coa sexta mellor marca entre as participantes (25:15.30), Icía Ares dominou unha carreira de alto nivel. Ares superou por escasa marxe á colombiana Danna Valentina Rivera, segunda con 23:44.83, e á mexicana Naomi Luis, terceira con 23:45.03. O triunfo da galega representa unha das grandes fazañas do atletismo sub18 español este ano.

Pero o éxito ourensán en Luque non rematou aí. Na proba dos 3.000 metros lisos, Sabela Castelo acadou a medalla de prata cun rexistro de 9:40.04. Quedou a tan só 43 centésimas da gañadora, a arxentina Saray Pernia (9:39.61). Castelo segue sumando éxitos nun ano brillante no que xa foi campioa de España sub18 e de 5.000 metros, logrando mesmo récords nacionais na categoría.

Fóra do Iberoamericano, outro atleta do Club Ourense Atletismo, Hugo Casañas, tamén subiu ao podio. Foi no Festival Olímpico da Xuventude Europea (FOJE), o evento continental máis importante da categoría sub18, celebrado en Skopje. Casañas logrou a prata no lanzamento de peso cunha marca que quedou a tan só un centímetro do ouro, que foi para o bosnio Enhar Mahmic. O lanzador galego terá unha nova oportunidade de acadar o título este venres na final de disco.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.