Noticias

Xunta e CEO impulsan a igualdade salarial en Ourense

A Xunta de Galicia promoveu en Ourense unha xornada formativa sobre igualdade salarial no marco do Campus de igualdade laboral, coincidindo co Día Europeo da Igualdade Salarial.

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura do encontro celebrado na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), que tamén se ofreceu en formato telemático.

Xunta e CEO impulsan a igualdade salarial en Ourense

A formación estivo dirixida a empresas e profesionais interesados en integrar o principio de igual retribución por traballos iguais e de igual valor.

Xunta e CEO impulsan a igualdade salarial en Ourense
Foto: CEO

A xornada foi impartida por Beatriz Sueiro Padín, inspectora de Traballo e Seguridade Social, e por José Fernando Lousada Arochena, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Pola súa banda, o presidente da CEO, David Martínez, destacou que avanzar en igualdade mellora o clima laboral e reforza a reputación empresarial.

Durante a sesión abordáronse ferramentas como o rexistro e a auditoría retributiva, a valoración de postos de traballo e a futura directiva europea sobre transparencia salarial. As persoas asistentes poderán completar ata o 4 de marzo un test en liña e obter certificado se superan o 70 % das respostas.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.