Inauguran 12 novos parques infantís en Ourense entre os que destaca o situado na rúa Bella Otero no barrio de Barrocás.
Unha inversión de 580.000€ permitiu dotar de novos espazos de xogos ós nenos e nenas de Ourense. Estas novas zonas foron inauguradas por Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.
Inauguran 12 novos parques infantís en Ourense
O acto realizouse no parque da rúa Bella Otero onde destaca unha torre con forma de castelo medieval e capacidade para 25 nenos e nenas. Este espazo, no barrio de Barrocás, supón o maior espazo infantil de Ourense e tivo un custe de 115.000€.
«Hoxe inauguramos o maior lote de parques infantís da historia de Ourense, 12 en concreto, repartidos por toda a cidade, e que inclúen o parque infantil de maior envergadura que se fixese nunca», indicou Pérez Jácome.
Estes espazos lúdicos están situados nas rúas Bella Otero, Francisco Añón Paz, Río Mao, Xosé Luís López Cid, San Rosendo, Laza, Xoán de Nóvoa, rúa Álvaro Cunqueiro, Mendinho, Serra de Queixa, Ponte Pelamios, e Virxe de Fátima.
«É impresionante que no tempo que levamos no grupo de goberno se fixesen as maiores obras de parques infantís da historia de Ourense» destaca o alcalde de Ourense.