Desde a Asociación Veciñal San Breixo alertan de incidencias e chapuzas nas obras do AVE en Seixalbo polo que tiveron que remitir un escrito ó concello.
Nas imaxes que acompañan esta noticia pódese apreciar con claridade o motivo da queixa que os membros da asociación trasladaron ós responsables municipais.
Incidencias e chapuzas nas Obras do AVE en Seixalbo
A incorrecta colocación dun tubo de drenaxe no regato de Amendo provocou consecuencias entre as que están a acumulación de sedimentos por mor dunha inclinación insuficiente.
Para poder solucionar esta problemática, os responsables da obra incluso realizaron unha perforación para comunicar coa antiga canalización.